A alopecia androxénica é forma de calvicie máis frecuente no mundo. Consiste na perda progresiva de pelos, que son reemplazados por cabelo máis fino (incluso invisible). Na maioría dos casos afecta a homes, pero tamén pode presentarse en mulleres. Nas mulleres, a alopecia adiota caracterizarse por unha perda na densidade capilar nas zonas máis visibles do cabelo (parte dianteira e posterior). Pero, por que aparece a alopecia en mulleres e como pode tratarse?
Causas da alopecia en mulleres
A alopecia pode aparecer por numerosos motivos:
- Xenética
Esta causa adoita ser a máis común en homes pero das menos frecuentes en mulleres, pois, aínda que se existen antecedentes familiares (xa sexan femininos ou masculinos) o xen da apolecia herdarase de xeito distinto en homes e mulleres. Deste xeito, como vemos na táboa, a non ser que a muller herde o xen por ambos proxenitores, non presentará alopecia, mentres que os homes só teñen que herdalo por un dos dous.
- Desequilibrios hormonais
En procesos fisiolóxicos como o parto ou a menopausia ou en terapias hormonais como as anticonceptivas, é usual que aparezan alteracións no cabelo relacionadas con desequilibrios hormonais.
Despois da menopausia, diminúen os estróxenos e aumentan hormonas “masculinas” como os andróxenos, o que provoca o aclaramento do pelo e podería causar tamén o seu estreitamento e caída. Tamén, despois do parto, é habitual que nos seguintes 6-12 meses se produza máis caída do pelo, ata que se recuperan os niveis hormonais fisiolóxicos. O mesmo ocorre ao abandoar una tratamento anticonceptivo hormonal.
- Estética
Está demostrado que o uso abusivo de extensións e tintes de pelo provoca un dano importante no cuero cabelludo que pode levar á caída do pelo. É o caso da actriz Kiera Knightley, quen hai uns anos nunha entrevista para InStyle comentou que a consecuencia dos abundantes tintes que levara no seu cabelo por esixencias do guión, comezou a caerselle de xeito descontrolado.
Graos de alopecia: Clasificación de Ludwig
Grao I : adelgazamento do pelo na coroa, limitado por unha liña frontal situada a 1-3cm.
Grao II: escasez de pelo pronunciada na coroa na mesma área do grao I.
Grao III: calvicie total na área do grao I e II.
Tratamento
Nalgunhas ocasións as mulleres precisarán tratamento psicolóxico pola alteración na autoestima que pode supoñer a perda de pelo.
En canto a fármacos, só existe un que ten certo efecto: o minoxidil en dilución do 2%. Aplícase sobre o cuero cabelludo e, nalgúns casos, evita que se siga caendo o cabelo. Só arredor dun 20% das mulleres obteñen algo de recuperación de densidade.
Cando se trata dun desequilibrio hormonal (parto, menopausia…), cunha terapia hormonal pode solucionarse.
Referencias bibliográficas:
Pérdida del cabello - Síntomas y causas - Mayo Clinic [Internet]. www.mayoclinic.org. 2022. Dispoñible en: https://www.mayoclinic.org/es-es/diseases-conditions/hair-loss/symptoms-causes/syc-20372926
Pérez, D. A., & Zambrano, S. P. S. (2007). Alopecia androgenética en mujeres. Revista del Centro Dermatológico Pascua, 16(3), 143-147.
Guzmán Sánchez, D. A. (2015). Alopecia androgenética. Dermatología (México, DF), 59(5), 387-394.
Svenson. Grados de alopecia: Escalas Norwood-Hamilton, Savin y Ludwig | Svenson [Internet]. Dispoñible en: https://www.svenson.es/caida-del-cabello/escalas-de-alopecia/#:~:text=La%20escala%20de%20Ludwig%20sirve