O cancro de mama é unha patoloxía que aparece en mulleres (o máis común) e homes cando as células da mama sofren unha mutación pola que comezan a multuplicarse sen control. Segundo o Sistema Europeo de Información do Cancro (ECIS), o cancro de mama é o tumor máis frecuente entre as mulleres españolas, cerca dun 30% dos cancros detectados en mulleres no noso país orixínanse na mama.
A posibilidade de desenvolver cancro de mama sendo muller é de 1 de cada 8, sendo a franxa de idade máis afectada entre 45-65 anos, cando aparecen os cambios hormonais da menopausia.
A Escola Galega de Saúde para Cidadáns realizou na súa páxina web un pequeno curso no que ofrecen información sobre o cancro de mama cunha serie de vídeos. A súa protagonista, Berta Candia, é médica especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública e, ademais, foi paciente deste cancro. Deste xeito, comprometeuse a contar a súa experiencia para acompañar a outras mulleres que atravesen a enfermidade.
Na web: https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Curso-online-Cancer-de-mama, poderás atopar un total de 13 vídeos, que tamén che deixamos recompilados xuntos neste vídeo de YouTube:
Berta fálanos do proceso desde a primeira sospeita ata a volta á normalidade tras a curación. Explica as primeiras probas (TAC, biopsia…), que facer se confirman o teu diagnóstico e como os médicos escollerán o mellor tratamento para cada caso.
No terceiro apartado da web, Berta fala sobre o tratamento: a ciruxía, a quimioterapia e a radioterapia. Insiste na importancia da alimentación, o exercicio, a hixiene e, sobre todo, na importancia de contar con persoas que apoien á paciente. Tamén alerta de que a información que se atopa pola internet pode ser moi alarmante e, na maioría dos casos, falsa ou sesgada.
No apartado 4, dísenos que é posible voltar á normalidade despois de terminar a radioterapia. É probable ter que seguir tomando algún tipo de tratamento (coma pastillas) e a paciente terá que seguir acudido regularmente a controis. Moitas pacientes despois da quimioterapia nótanse máis despistadas, con máis dores de cabeza e menos centradas, pero isto é algo habitual e normal que co tempo mellorará. Volver ao traballo e a vida de antes do cancro en xeral pode ser angustiante, pero coma di Berta:
“Lo gordo ya ha pasado”