29/11/2022

ENFERMEIRAS DESTACADAS NA HISTORIA

A enfermería é unha práctica moi asociada ás mulleres, xa sexa pola alta porcentaxe destas na profesión, pola asociación da muller ao rol do coidado ou, tamén, polas numerosas enfermeira teóricas que foron mellorando a disciplina. Hoxe falarémosvos de 3 enfermeiras americanas destacadas na historia e das súas contribucións teóricas.


  • Hildegard Peplau (1909-1999)

Publicou os seus modelos en 1952. Para ela, a enfermería era un proceso interpersoal terapéutico a través da relación enfermeira-paciente. Esta relación viña determinada por catro fases:

1.Fase de orientación: o paciente manifesta unha necesidade

2.Fase de identificación: identifícase que profesional pode axudarlle

3.Fase de aproveitamento: empréganse os recursos proporcionados

4.Fase de resolución: remata a relación enfermeira-paciente


Peplau tamén definiu cinco roles distintos que podía desenvolver unha enfermeira

-Persoa allea que non ten relación co paciente ainda.

-Docente que instrúe ao paciente en saúde.

-Líder que guía ao paciente nos coidados.

-Sustituto que realiza os coidados polo paciente cando este non pode.

-Conselleiro que asesora ao paciente na toma de decisións.


  • Patricia Benner (1942)

É coñecida por diferenciar niveis de adquisición de destrezas na enfermería. Era partidaria de que as habilidades enfermeiras se desenvolveran a través da práctica, baseándose na experiencia.

Os cinco niveis que estableceu foron:

1.Principiante: guíase polas normas e non diferencia entre relevante e irrelevante. Neste nivel estarían os estudantes de enfermería e os profesionais nunha área descoñecida para eles.

2.Principiante avanzado: realiza unha actuación aceptable, pero baseada máis na situación que no paciente. Neste nivel estarían os recién graduados.

3.Competente: aprende das situacións reais da práctica e imitando accións dos demais. Planifica os coidados segundo o tempo e as tarefas a realizar.

4.Eficiente: percibe a situación coma un conxunto, domina de xeito intuitivo a situación e está máis implicada co paciente e coa familia.

5.Experto: ten un dominio clínico baseado en recursos, asimila o saber práctico, ten unha visión xeral da situación e é capaz de previr o inesperado.


  • Betty Neuman (1924)

Desenvolveu en 1972 o modelo de Sistemas de Coidado, cuxo centro é o estrés e a súa resolución, falando de factores estresantes. Ademais, define o que para un individuo son as “liñas de defensa”:

1.Liña de resistencia: formada polos recursos que protexen a un individuo dun factor estresante, agás a súa inmunidade.

2.Liña normal de defensa: cando se adapta un factor estresante, chégase a este estado de estabilidade, como son a dieta saudable ou o exercicio.

3.Liña flexible de defensa: protexe a liña normal de defensa (2) e amortigua o efecto dos factores estresantes.


Deste xeito, na liña normal de defensa facemos unha resposta adaptativa, cando ainda non se alterou a estabilidade. Cando o factor estresante chega a unha liña máis profunda, a de resistencia, xera unha alteración no sistema.


Tamén organiza a actuación enfermeira en tres intervencións:

-Prevención primaria: promoción da saúde e identificación e reducción de factores de risco.

-Prevención secundaria: aparecen os síntomas relacionados co factor estresante e débese aplicar un tratamento.

-Prevención terciaria: o paciente se recupérase e vólvese á prevención primaria.


No noso blog poderás atopar no apartado de Grandes Enfermeras a outras dúas teóricas moi importantes: Florence Nightingale e Virginia Henderson.


Referencias bibliográficas

Peplau, H. E. (1997). Peplau's theory of interpersonal relations. Nursing science quarterly, 10(4), 162-167.


Benner, P. (1984). From novice to expert. Menlo Park, 84(1480), 10-1097.


Altmann, T. K. (2007). An evaluation of the seminal work of Patricia Benner: theory or philosophy?. Contemporary nurse, 25(1-2), 114-123.


Romero-Herrera, G., Flores-Zamora, E., Cárdenas-Sánchez, P. A., & Ostiguín-Meléndez, R. M. (2007). Análisis de las bases teóricas del modelo de sistemas de Betty Neuman. Enfermería Universitaria, 4(1).