29/11/2022

MENOPAUSIA


A menopausia é un proceso fisiolóxico que atravesan as mulleres fértiles cando se produce o cese da menstruación. Cando a menstruación desaparece de xeito definitivo durante un período duns 12 meses, producto do fallo da función ovárica, dicimos que esa muller pasou a menopausia, se é maior de 40; senón, que tivo una menopausia precoz.

Como se manifesta a menopausia?



A experiencia da menopausia e distinta para cada muller, e existen diferenzas tamén entre culturas e ambientes. A menopausia tamén estará marcada por factores hereditarios e polo estilo de vida.

Este momento vital da muller adoita aparecer entre os 45-55 anos. En España, o promedio de mulleres soen presentar a menopausia a partir dos 50 anos, mentres que en varios países de América Latina é a partir dos 48.

unha de cada 10 mulleres deixan de menstruar de xeito súbito; o 90% restante pasan por un periodo de tempo de irregularidade ata que o sangrado desaparece por máis de 12 meses seguidos.

Este período no que a menstruación se volve irregular e no que aparecen signos e síntomas característicos coñécese coma climaterio. O fallo progresivo da función ovárica conleva unha alteración na produción de estróxenos, que causa a sintomatoloxía.


Cales son estes signos e síntomas?

O signo máis referido por todas as mulleres do mundo é o bochorno (arredor dun 80% segundo estudos estadounidenses). Este episodios de suoración e acaloramento teñen a súa orixe en desaxustes no funcionamento de estruturas relacionadas co sistema nervioso, encargadas de regular a Tª e os vasos sanguíneos. O bochorno pode aparecer antes de que se comece a volver irregular a menstruación.

Máis do 70% de mulleres que presentan este síntoma súfreno durante máis dun ano e ata un 25% continúan con el para o resto da súa vida se non reciben tratamento. O bochorno está moi ligado a un empeoramento da calidade vida, pois estes episodios poden aparecer a calqueira hora, incluída a noite, podendo causar despertares frecuentes e incomodidade que impida conciliar o sono. Tamén pode afectar a relación de parella se se durme acompañado. Polo mesmo motivo que aparece o bochorno, tamén poden presentarse taquicardia e palpitacións.


Ainda que non existe unha enfermidade de carácter psicolóxico concreta asociada á alteración na produción de estróxenos, son moitos os síntomas psicolóxicos ligados á menopausia. Nun estudo realizado en Cuba, evidenciouse que case a metade das mulleres durante o climaterio cursan depresión en diverso grado. Tamén pode aparecer irritabilidade, máis inestabilidade emocional, disminución da líbido, intranquilidade… A causa dos cambios que xera este momento da vida, moitas mulleres tamén desenvolven problemas coa súa autoimaxe, manifestándose a través de autoestima baixa ou directamente a perda completa dista.

Un estudo realizado aquí en España evidencia que máis do 50% das mulleres durante o climaterio sofren cambios de humor, insomnio e cambios na súa sexualidade, o que leva a un deterioro na súa calidade de vida.


Existe tamén unha frecuencia alta de dor de articulacións e de músculos que se asocia a diminución na produción de estróxenos. A falta de hormonas sexuais nos tecidos conectivo e muscular é a causante da dor, por iso, na maioría dos casos este síntoma soe remitir unha vez se inicia o tratamento hormonal.


Ao redor de unha de cada dúas mulleres presenta atrofia xenital. Isto consiste nun adelgazamento dos labios maiores e menores e do recobrimento da vaxina, que se estreita e acorta. O clítoris exponse máis do habitual, o que acaba por diminuír a súa sensibilidade. A uretra e a vaxina vólvense máis susceptibles á infeccións e aparece máis sequedade vaxinal. Todos estes cambios poden facer que as relacións sexuais se volvan unha experiencia negativa, que se pode volver incluso traumática, empeorando de novo a calidade de vida da muller se non recibe tratamento.


Como consecuencia tamén da alteración na produción de estróxenos, a pel vólvese máis fráxil e quebradiza, acentuándose máis as liñas de expresión, algo que pode repercutir na autoimaxe.


Como se trata a menopausia?

Tratar o desbalance hormonal que supón a menopausia é fundamental para evitar ou paliar os síntomas dos que vimos falando, pois estes inflúen de xeito moi significativo na saúde e calidade de vida da muller. Ante un retraso na menstruación ou algún destes signos, é recomendable acudir a un especialista para comezar a tratar ou planificar como levar o climaterio.

Hoxe en día adóitase levar a cabo terapia hormonal de reemplazo (THR), que restablece o nivel de estróxenos, o que prevén osteoporose, cardiopatías ou incluso Alzheimer, ademais de reducir o impacto dos síntomas e signos. Nos casos nos que esta terapia está contraindicada, sóense empregar fitoestróxenos, derivados de plantas específicas.


Referencias bibliográficas:

Lugones Botell M. El climaterio y el síndrome del nido vacío en el contexto sociocultural. Rev Cubana Med Gen Integr [serie en Internet]. 2001;17(2). Dispoñible en: http://bvs.sld.cu/revistas/mgi/vol17_2_01/mgi17201.htm


Kaufert P. The social and cultural context of menopause. Maturitas. 1996;23:169-80


Artiles Visbal L, Manzano Ovies BR, Navarro Despaigne D. Cuerpo, sexualidad y climaterio: La necesidad de un manejo médico social integral. Rev Centroamericana Obstet Ginecol. 2002;11(4):2-7.


Martín Azaña MJ, Iglesias Goy E. Terapia hormonal sustitutiva en la menopausia. Infmedic [en Internet]. 1999; 23(2):33-44. Dispoñible en: http://www.msps.es/biblioPublic/publicaciones/docs/hormonal.pdf



Utian WH. Rol de la hormonoterapia a largo plazo en el contexto de la medicina preventiva para la mujer posmenopáusica. [Monografía en Internet]. Dispoñible en: http://www.climaterio.cl/