A menstruación é un proceso fisiolóxico polo que a maioría das mulleres pasan cada mes nos anos de fertilidade. Cada día de menstruación, o aparello reproductor feminino pode chegar a liberar 12mL de sangue polo que, aínda que existen mulleres que optan polo chamado “sangrado libre”, a meirande parte opta por empregar productos sanitarios que eviten que esta sangue interfira coa súa vida diaria.
A educación que reciben as mulleres sobre este tipo de produtos céntrase exclusivamente nos dun só uso: compresas e tampóns de algodón, que son os maioritariamente empregados a nivel mundial. A menstruación dura de media aproximadamente 5 días, cada muller pode chegar a usar 5 compresas/tampóns cada un deles, uns 25 por ciclo menstrual, o que nos levaría a 300 ou máis compresas/tampóns cada ano. Como é lóxico, todo este lixo ten un impacto ambiental importante.
As compresas convencionais máis baratas que atopamos costan arredor de 1,5€/10uds, polo que de media, como mínimo, cada muller gasta 3,75€ por ciclo menstrual. Un estudio puxo de manifesto que somentes en EEUU a poboación menstruante gasta ao ano 2000 millóns de dólares só en produtos de hixiene femenina.
Máis alá do ambiental e do económico, en termos de saúde, o uso de produtos convencionais como son compresas e tampóns supón un risco de infeccións do aparello reproductor moito maior que outras alternativas eco. As membranas mucosas da vaxina son capaces de absorber con sorprendente rapidez sustancias químicas en contacto, polo que sería indispensable que todos os compoñentes dos produtos sanitarios non fosen tóxicos nin nocivos, pero isto non sucede así.
Se unha muller quere reducir o súa pisada de carbono, aforrar e evitar infeccións, que produtos podería empregar na súa próxima menstruación? Hoxe falaremos de 3 alternativas sostibles e poderás atopar no noso blog unha entrada adicada exclusivamente á copa menstrual, a produto menstrual zerowaste máis en auxe.
1.Compresas de tea
Do mesmo xeito que funcionan as compresas convencionais dun só uso, colócanse na roupa interior para absorber o fluxo. A diferenza reside en que estes productos están feitos con tea, xeralmente de algodón, e pódense lavar e reutilizar. Ademais de reducir o impacto ambiental, estas compresas son moito máis económicas, pois a súa vida útil e moito máis longa e incluso serían sinxelas de fabricar na casa, co custo exclusivamente da tea. Numerosos estudos indican que o algodón é o mellor produto en termos de risco de infeccións e alerxias.
2.Esponxas
As esponxas empregadas como produto sanitario obtéñense de cultivos marinos, que teñen a capacidade de rexerar máis, polo que son renovables. Colócanse coma un tampón, dentro da cavidade vaxinal, e poden reutilizarse extraéndoas e lavándoas despois de cada uso. Teñen numerosas vantaxas: son hipoalerxénicas, pode adaptarse o seu tamaño recortándoas e incluso poden empregarse dúas á vez en caso de ter moito fluxo. Unha desventaxa que presentan é que non se poden empregar nos 3 meses seguintes ao parto.
3.Bragas absorbentes
Similares ás compresas de tea, trátase de bragas, normalmente de licra, que teñen unha parte de algodón para absorber o fluxo. Ofrecen máis diversidade que as compresas pois hai de distintos tipos e tamaños, incluso existen especiais para facer deporte. Despois do seu uso pódense lavar e reutilizar e a súa vida útil e tamén moi longa.
Referencias bibliográficas:
Prado-Galarza M, Doncel C WA, Mosquera B OO, Guarnizo-Tole M, Prado-Galarza M, Doncel C WA, et al. La copa menstrual, una alternativa de higiene femenina. Revisión de la literatura. Revista chilena de obstetricia y ginecología [Internet]. 2020 Feb 1;85(1):99–109. Dispoñible en: https://scielo.conicyt.cl/scielo.php?pid=S0717-75262020000100099&script=sci_arttext&tlng=e#B8
Guich C. Las 5 mejores alternativas para una menstruación sostenible sin residuos [Internet]. Cero Residuo - Tienda Online Zero Waste. 2019. Dispoñible en: https://www.ceroresiduo.com/5-alternativas-menstruacion-sostenible-zero-waste/
Benéitez Burgada B. Menstruación: Cómo tener una regla más sostenible [Internet]. La Vanguardia. 2022. Dispoñible en: https://www.lavanguardia.com/natural/20220209/7972412/menstruacion-regla-sostenible-nbs.html