Virginia Henderson (1897-1996) foi unha enfermera americana que revolucionou o mundo da enfermería cos seus modelos e teorías e coa súa definición das necesidades básicas para todos os individuos.
“Se podes curar, cura. Se non podes curar, alivia. Se non podes aliviar, conforta. Se non podes confortar, acompaña”
Definiu 14 necesidades básicas que todos os pacientes (e persoas) debían ter cubertas para manter a integridade e harmonía da persoa. Estas necesidade interactúan entre elas e son universais para todos, aínda que cada individuo as manifesta e satisface dun xeito propio.
Cales son estas 14 necesidades que inda se evalúan hoxe en día na práctica enfermeira?
1.Respirar normalmente
Pretende coñecer a función respiratoria da persoa. Para isto, evalúa constantes coma a frecuencia respiratoria ou a saturación, a presenza de tos ou secrecións, hábitos como o tabáquico ou se o paciente nota algunha limitación á hora de respirar como a dor (disnea).
2.Comer e beber axeitadamente
Pretende coñecer todos os procesos que intervirán na provisión de alimentos e líquidos, evaluando a súa inxestión, dixestión e aproveitamento dos seus nutrientes. Para isto, ten en conta aspectos como o peso e a talla da persoa, se segue algún tipo de dieta, o apetito da persoa, se presenta algún problema para comer como feridas na boca ou disfaxia, que horario de comidas segue…
3.Eliminar por todas as vías corporais
Pretende coñecer como é a función excretora da persoa, tendo en conta a eliminación a través do aparello dixestivo, urinario, da pel e da menstruación. Para isto, evalúa as características, frecuencia e cantidade das feces e micción, a frecuencia da menstruación ou a suoración que presente a persoa.
4.Moverse e manter posturas axeitadas
Evalúa aspectos biolóxicos, psicolóxicos, culturais e espirituais, mediante o estudo do grao de actividade do paciente, a súa situación (se está encamado, se ten movilidade reducida), se é dependente nalgún aspecto, postura que adoita ao sentarse ou alteracións motoras coma da marcha, perda de forza…
5.Durmir e descansar
Evalúa a capacidade do paciente para durmir / descansar / relaxarse. Para iso, ten en conta a calidade e cantidade de sono: patrón do sono, horas que durme ao día, nivel de enerxía para ABVD, se toma algún tipo de fármaco para conciliar o sono ou se ten algunha alteración que lle impida concilialo.
6.Escoller a roupa axeitada: vestirse e desvestirse
Evalúa a capacidade para protexer o corpo en función do clima, as normas sociais e os gustos personais. Para iso, ten en conta como o paciente escolles as prendas, así como a súa capacidade motora para vestirse e desvestirse.
7.Manter a temperatura corporal dentro dos límites normais axeitando a roupa e modificando o ambiente
Evalúa a capacidade para manter a temperatura corporal dentro dos límites normais segundo faga frío ou calor, axeitando a roupa e modificando o ambiente. Para iso, ten en conta aspectos coma a Tª presentada, recursos que emprega ante frío / calor ou cales utiliza cando ten febre, se sabe usar termómetros…
8.Manter a hixiene corporal e a integridade da pel
Evalúa a hixiene da persoa e o estado da pel e mucosas. Para iso, ten en conta o estado de uñas, cabelo, boca.., a hidratación da pel, se hai lesións como UPP ou a cor que presenta o paciente (cianose, ictericia…).
9.Evitar perigos ambientais e lesionar a outras persoas
Evalúa as habilidades do paciente para manter a seguridade física, así como se existe algunha limitación que llo impida. Para iso, ten en conta o estado de ánimo do paciente ante o perigo, se acude a revisións médicas e vacunacións, se ten alerxias ou hábitos tóxicos (tabaco, alcol…) e o seu historial de accidentes e cáidas.
10.Comunicarse cas demais persoas, expresando emocións, necesidades, temores ou opinións
Evalúa a capacidade do paciente para manter interacción sociais e a súa capacidade de expresarse. Para iso, ten en conta as limitacións cognitivas, a percepción da situación, a dinámica familiar, se existen relacións de dependencia, sistema de soporte e as crenzas e valores.
11.Vivir de acordo aos propios valores e crenzas
Ao igual que a necesidade 9, evalúa as habilidades do paciente para manter a seguridade física, así como se existe algunha limitación que llo impida. Para isto, ten en conta os plans de futuro, a importancia que lle dá á espiritualidade, as prácticas relixiosas, a actitude ante a morte…
12.Ocuparse de algo de tal forma que o seu labor teña un sentido de realización persoal
Evalúa os patróns de conducta do paciente. Para isto, ten en conta a súa actividade laboral e social, as súas limitacións socioeconómicas, se ten ou non sensación de utilidade ou de estrés, actividades que lle gusta realizar…
13.Participar en actividades recreativas
Evalúa as actividades recreativas que o paciente leva a cabo habitualmente, o número de horas que lles adica á semana, se presenta dificultade para realizalas, se se aburre…
14.Aprender, descubrir ou satisfacer a curiosidade que conduce a un desenvolvemento normal e a usar os recursos dispoñibles
Evalúa os patróns de conducta do paciente. Para isto ten en conta se ten limitaciones cognitivas que inflúan na súa aprendizaxe, como de consciente é do seu estado de saúde, se ten interese por aprender e participa…
Referencias bibliográficas:
Hernández Martín, C. (2016). El modelo de Virginia Henderson en la práctica enfermera.
González, M. D. J. G. (2003). El Proceso de la enfermería y el modelo de Virginia Henderson. Editorial Progreso.
Necesidades básicas de Virginia Henderson-14 necesidades básicas [Internet]. Enfermería Actual. 2013.Dispoñible en: https://enfermeriaactual.com/necesidades-basicas-de-virginia-henderson/