O lipedema é un trastorno de tecido adiposo, relativamente común, que se caracteriza por presentar depósitos graxos anormais nos membros inferiores. Esta patoloxía é frecuentemente infradiagnosticada e non é moi recoñecida; un dos motivos pode ser porque só afecta ás mulleres. Que máis sabemos do lipedema?
Os depósitos de tecido adiposo subcutáneo característicos deste trastorno producen síntomas como a dor, a sensibilidade e unha maior predisposición a equimosis (sangrado dentro da pel que se manifesta cunha cor morada).
Na maoría dos casos, as depósitos de graxa afectan á cadeira, glúteos e muslos das pernas, o que provoca que haxa desproporcionalidade co resto do corpo (tronco e estremidades superiores e xelmelgos e pés), ainda que os depósitos poden aparecer en outras partes do corpo. Distinguimos cinco tipos de lipedema:
Tipo I: en pelve, glúteos e cadeira.
Tipo II: desde a cadeira cara aos xeonllos, con pregues na cara interna do xeonllo.
Tipo III: desde a cadeira aos nocellos.
Tipo IV: nos brazos.
Tipos V: nas pernas illadas.
No tipo I, como diciamos o máis común, distinguimos á súa vez catro etapas:
Unha primeira na que a pel é lisa e regular pero xa existe un ensanchamento da hipoderme.
Unha segunda na que a pel é irregular con nódulos palpables.
Unha terceira con pregues na pel de graxa nodular.
Unha cuarta con lipolinfedema.
O diagnóstico de lipedema adoita facerse por descarte doutras patoloxías que comparten certa crlínica, como son a obesidade ou linfedema. A principal diferenza que presenta coa obsesidade é precisamente esa desproporción entre a parte superior do corpo e a inferior. É especialmente común confundir o lipedema co linfedema, pois ambas implican a acumulación anormal de graxa e un mal funcionamento do sistema linfático, polo que moitas veces acaban por aparecer ambos trastornos (lipolinfedema). Na seguinte táboa amosámosvos as principais diferenzas:
TRATAMENTO
O tratamento do lipedema está dirixido a evitar a súa progresión a outras etapas máis avanzadas e diminuír a discapacidade motora que lle supón á paciente.
Adoita levarse a cabo unha liposucción moito menos invasiva e traumática que a que se realiza con fins estéticos. A técnica empregada para tratar un lipedema consiste no illamento dos adipocitos, que se separan do tecido conectivo, producto da vibración inducida.
A pesar de ser menos traumática, si que soen ser necesarias máis intervencións. Un estudo evidenciu que a maioría das pacientes necesitaron unhas catro ciruxías para conseguir os resultados esperados.
Referencias bibliográficas:
Redondo Galán C, García Bascones M, Marquina Valero MA. Lipedema: clínica, diagnóstico y tratamiento. Revisión de la literatura | Rehabilitación [Internet]. www.elsevier.es. 2018. Dispoñible en: https://www.elsevier.es/pt-revista-rehabilitacion-120-avance-lipedema-clinica-diagnostico-tratamiento-revision-S0048712018300720#:~:text=El%20lipedema%20es%20un%20trastorno
Forner-Cordero I, Szolnoky G, Forner-Cordero A, Kemény L. Lipedema an overview of its clinical manifestations, diagnosis and treatment of the disproportional fatty deposition syndrome-systematic review. Clin Obes. 2012;2:86-95
Bauer AT, von Lukowicz D, Lossagk K, Aitzetmueller M, Moog P, Cerny M, et al. New Insights on Lipedema: The Enigmatic Disease of the Peripheral Fat. Plast Reconstr Surg. 2019;144:1475-84