29/11/2022

PROTECCIÓN DE ITS NAS RELACIÓNS SEXUAIS ENTRE MULLERES

Os produtos sanitarios empregados para protexer das infeccións de transmisión sexual (ITS) son comunmente coñecidos como “métodos anticonceptivos” porque se tende a contemplar exclusivamente o sexo heterosexual no que a protección de infeccións e o evitamento do embarazo van da man. Pero existen numerosos produtos sanitarios que protexen das ITS que non son métodos anticonceptivos, pois empréganse durante o sexo homosexual. Nesta entrada falaremos de como protexer destas infeccións nunha relación sexual entre dúas mulleres.



Algunhas das ITS, como clamidiase ou sífile, poden transmitirse por contacto das mans, dedos ou roce vulvar. Tamén, o sexo oral ou a manipulación de xoguetes sexuais xa usados poden transmitir bacterias ou fungos que provocan infeccións ou enfermidades. Ao existir moita desinformación sobre a transmisión durante este tipo de relacións sexuais e dos métodos que empregar para evitalo, o contaxio de ITS entre mulleres é máis frecuente que en parellas heterosexuais ou entre homes.

O primeiro paso para unha vida sexual sen riscos é acudir ao xinecólogo e realizar periodicamente (ou despois dunha práctica sexual de risco) probas de ITS. Tamén, pedir á nosa parella sexual que se realice estas probas pode axudarnos a escoller mellor que método de protección empregar en caso dalgún positivo.


Produtos para protexer das ITS

O mellor método para evitar as ITS son os produtos “barreira” como:


-Presevativo feminino

Trátase dun produto similiar aos preservativos convencionais que se introduce na cavidade vaxinal, polo que é útil para a penetración manual.

Consta de dous aneis: o interno e máis groso no extremo cerrado e o máis fino e externo no extremo aberto. Para colocalo, débese suxeitar o anel máis groso apretando os seus bordes. Introdúcese este estremo no interior da vaxina, intentando empuxalo todo o que sexa posible. O condón abrirase por si mesmo e o anel máis fino permanecerá na parte exterior da vaxina.


-Cuadrantes de latex

Son unha especie de “sábanas” de látex moi finas que se poden empregar para evitar o roce pel con pel ou para practicar sexo oral, colocando en ambos casos o cuadrante sobre a vulva da parella.


-Figer condoms ou guantes de látex

Para a penetración manual son moi útiles, especialmente se hai feridas abertas nas mans ou se ten a menstruación (que aumenta o risco de transmisión).


-Preservativos convencionais

Útiles cando se comparten xoguetes sexuais (vibradores, dildos… que están en contacto coa vulva) durante a práctica. Mentres use o xoguete unha das participantes empregarase un condón, que se cambiará cando outra persoa utilice o mesmo xoguete.


Sempre antes de empregar calquera destes produtos debemos comprobar que non estén rotos e nunca debemos reutilizar ningún deles en dúas practicas distintas (incluso dentro dunha mesma relación sexual). Ao cambiar de persoa ou zona do corpo, debemos cambiar calquera deles por un novo.

Algúns destes métodos non se comercializan en farmacias e só se poden adquirir por internet o en tendas como sexshops, polo que é imprescindible comprobar a súa calidade.


Referencias bibliográficas:

Sexo seguro entre mujeres: ¿y tú, ya te proteges? [Internet]. Blog Dexeus Mujer. 2018. Dispoñible en: https://www.dexeus.com/blog/actualidad/sexo-seguro-entre-mujeres-y-tu-ya-te-proteges/


¿Cómo practicar sexo lésbico seguro? Guía básica para MSM [Internet]. bebloomers.com. 2021. Dispoñible en: https://bebloomers.com/tus-relaciones/sexo/sexo-con-mujeres-msm/


Consejos sobre ITS para mujeres lesbianas y bisexuales [Internet]. Blog de Better2Know. 2020. Dispoñible en: https://www.better2know.es/blog/consejos-sobre-its-para-mujeres-lesbianas-y-bisexuales/