A mastite é unha enfermidade caracterizada pola inflamación dunha das mamas, podendo ser infecciosa ou non. O grupo máis afectado por esta patoloxía son as mulleres en idade fértil e máis en concreto, as mulleres lactantes, pero pode aparecer a calqueira idade e tamén se observaron caso en homes.
Cando a mastite aparece durante a lactancia (o caso máis común) falamos de mastite puerperal. O resto de casos englóbanse en mastite non puerperal.
MASTITE NON PUERPERAL
Infección periareolar
Aparece en calqueira persoa e idade, normalmente en persoas fumadoras, cando se obstrúen os condutos subareolares, o que provoca a inflamación do tecido e infección, dando lugar a abscesos. Isto provoca dor, cor vermella, hinzchazón e secreción purulentas.
Para diagnosticar a mastite por infección periareolar obsérvanse os signos mencionados e, menos xeramente, aparece febre. Para tratalo, empréganse antibióticos (penicilinas) durante unhas dúas semanas. Se hai abscesos, realízase unha aspiración de xeito ambulatorio.
Mastite granulomatosa
Ainda que se descoñecen as súas causas e parece de xeito moi pouco frecuente, a mastite granutomatosa pode aparecer en calquiera persoa, máis xeralmente en mulleres fértiles en anos posteriores a un parto.
Para diagnosticar esta mastite é necesaria unha biopsia, pois é facilmente confundible cun absceso. Algunhas causas estranas desta alteración son a tuberculose ou a granumatose de Wegener.
MASTITE PUERPERAL.
Estudos sinalan que máis dun 30% das mulleres lactantes desenvolven mastite, o que a converte nunha complicación moi frecuente. O seu momento de aparición varía entre os casos pero, polo xeral, doita aparecer nas primeiras seis semanas despois de empezar o amamantamento. Para que apareza a mastite ten que haber unha produción abundante de leite, que se baleire a mama de xeito insuficiente e unha estase de leite. Esta estase, se se prolonga, provoca a inflamación da mama, o que tamén pode conducir a unha infección bacteriana da mesma (mastite infecciosa).
Entre os sintomas e signos desta enfermidade atópanse cor avermellada no lateral da mama, sensibilidade e hinchazón no tórax, febre… Son os mesmos en mastitis infecciosas coma non infecciosas, pero nas primeiras adoitan ser signos e sintomas máis pronunciados.
Para diagnosticar a mastite faise un exame dos senos e, polo xeral, tómase unha mostra de leite materna que se envía para cultivos. Nos casos máis graves e infecciosos pídese tamén un análise de sangue, e se a paciente presenta febrícula, tamén se toman hemocultivos e se mide a tasa de infección.
O tratamento depende de se a mastite é infecciosa ou non. Se non hai infección bacteriana, o tratamento é conservador: só se baleira o contido da mama, preferiblemente amamantando ao lactante. Se isto produce dor á muller, pódese pautar analxesia oral. Se a mastite é infecciosa trátase con antibióticos (xeralmente penicilinas) e tamén se pode pautar analxesia.
Referencias bibliográficas:
OMS. Mastitis: causas y manejo. Dispoñible en: https://apps.who.int/iris/bitstream/handle/10665/66230/WHO_FCH_CAH_00.13_eng.pdf?sequence=1 . Publicado en 2000 (24 de septiembre)
Mastitis - Síntomas y causas - Mayo Clinic [Internet]. www.mayoclinic.org. 2017.Dispoñible en:https://www.mayoclinic.org/es-es/diseases-conditions/mastitis/symptoms-causes/syc-20374829
Mastitis [Internet]. www.cancer.org. 2019. Dispoñible en: https://www.cancer.org/es/cancer/cancer-de-seno/afecciones-no-cancerosas-de-los-senos/mastitis.html