29/11/2022

ANORGASMIA FEMININA

A anorgasmia é un trastorno sexual que consiste nunha dimución da frecuencia ou na ausencia de orgasmos despois de excitación sexual ou estimulación axeitada. O orgasmo representa a culminación ou clímax do acto sexual e ten repercusións moi positivas no organismo e a nivel emocional.

Na seguinte entrevista emitida pola Canle 5 de Uruguay, a doutora Magdalena Joubanoba, unha sexóloga moi recoñecida, explícanos de xeito máis extenso que é a anorgasmia.




A sexóloga explica que existen dous tipos de anorgasmia: primaria e secundaria.

  • Anorgasmia primaria

Preséntana as mulleres que nunca experimentaron un orgasmo na súa vida. A anorgasmia primaria é cada vez menos frecuente debido aos cambios culturais e sociais. No que respecta á cultura, nas occidentais a muller xa non é privada ou castigada por vivir a súa sexualidade e por disfrutar e buscar o pracer nas relacións sexuais. En termos sociais, o coñecemento a cerca da excitación feminina é cada vez maior, mentres que na antigüidade as relacións sexuais xiraban entorno á penetración (que non resulta tan pracenteira para as mulleres como pode ser, por exemplo, a excitación do clítoris).

Para superar este tipo de anorgasmia, Magdalena insiste na importancia do autocoñecemento e da autoexcitación.


  • Anorgasmia secundaria

Preséntana as mulleres que, tras unha etapa sexual normal na súa vida, non son capaces de chegar ao orgasmo.

As causas poden ser circunstanciais, como poden ser a discordia marital ou violencia de xénero, ou biolóxicas, durante a menopausia e postmenopausia. Pero a causa máis común é por consumo de fármacos que inhiben a etapa do orgasmo. Os medicamentos que máis presentan este efecto son os antidepresivos, pero tamén algúns antihipertensivos e diuréticos.