A interrupción voluntaria do embarazo (aborto voluntario) é un tema que xera moito debate e controversia arredor do mundo. En numerosos países do mundo, trátase de xeito recurrente esta cuestión en sesións de goberno e a poboación atópase dividida en “providas” e “proeleccións”. De feito, recentemente en EEUU, aboliuse a lei que protexía o dereito ao aborto das mulleres, deixándoo a determinación de cada Estado, sendo a día de hoxe ilegal xa en máis de 10. Pero, como é a situación en España con respecto ao aborto e como é esta intervención?
LEXISLACIÓN
O aborto é legal en España desde 1985. Isto viña recollido nun principio na Lei Orgánica 9/1985, cuxo texto expoñía os casos e xustificacións nos que unha muller podería interrumpir o seu embarazo, pero non era ainda de elección libre. Xa en 2010, coa Lei Orgánica 2/2010, permítese o aborto a todas as mulleres que o soliciten antes das 14 semanas de xestación.
Deste xeito, segundo a lei de 2010:
-Nas primeiras 14 semanas de embarazo o aborto é libre, pero débese informar sempre á muller dos dereitos, prestacións e axudas públicas de apoio á maternidade.
-Entre as semanas 14 e 22: pódese ampliar o prazo para abortar se dous facultativos independentes acreditan que hai malformacións no feto ou que a xestante padece unha enfermidade grave.
-Despois da semana 22: só está permitido o aborto naqueles casos nos que as anomalías do feto sexan incompatibles coa vida. Será necesario un dictamen emitido por algún especialista alleo ao procedemento de interrupción.
En caso de ser menor de idade, aplícanse as mesmas normas por semana de embarazo pero ademais será necesario o consentimiento dos seus tutores legais.
PROCEDEMENTO
O aborto quirúrxico consiste na dilatación do pescozo uterino e a colocación dun tubo de succión no utero, que extraerá o feto en gestación e o material conexo.
Que exames son necesarios antes da intervención? O primeiro paso será, obviamente, verificar que a muller está embaraza. Isto realizarse mediante un examen de ouriña. Se se confirma o embarazo, levarase a cabo un ultrason para determinar a semana do embarazo. Cando se confirme a realización da intervención, será necesaria unha analítica, pois en base ao Rh, pode ser necesaria unha inoculación Rho(D) para previr riscos de morte do feto en caso de futuros embarazos (por incompatibilidade sanguínea de nai e fillo)
Como é a intervención? Tumbada nunha camilla con estribos (nos que se colocan os pés para visualizar mellor a vaxina e útero), a paciente tomará un sedante e pode anestesiárselle tamén o pescozo uterino. Introducirase unha sonda no útero e despois empregarase a aspiradora para extraer os tecidos do embarazo a través da sonda.
Despois da intervención á paciente poderanlle ser recetados antibióticos para diminuir o risco de infección ou outros medicamentos que axudan a contraer o útero, reducindo o sangrado.
Referencias bibliográficas:
Gobierno de España. BOE.es - BOE-A-2010-3514 Ley Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de salud sexual y reproductiva y de la interrupción voluntaria del embarazo. [Internet]. www.boe.es. 2010. Dispoñible en: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2010-3514
Aborto en Estados Unidos [Internet]. Wikipedia. 2022. Dispoñible en: https://es.wikipedia.org/wiki/Aborto_en_Estados_Unidos
Magowan BA, Owen P, Thomson A. Abortion. In: Magowan BA, Owen P, Thomson A, eds. Clinical Obstetrics and Gynaecology. 4th ed. Elsevier; 2019:chap 20
Rivlin K, Westhoff C. Family planning. In: Lobo RA, Gershenson DM, Lentz GM, Valea FA, eds. Comprehensive Gynecology. 7th ed. Philadelphia, PA: Elsevier; 2017:chap 13.